Este blog é simplemente unha versión en lingua galega, só das entradas botánicas e reducida na cantidade de fotos, do estupendo blog
floradegalicia.wordpress.com, administrado polo meu estimado Suso. A el agradezo tanto o seu consentimento para empregar as suas fotografías como todo o apoio incondicional recibido para realizar este labor.
Amais de seres unha tarefa lingüística interesante e necesaria, é vital facer a máxima difusión da riqueza do noso castigado medio natural. Como di Suso no seu blog,
"Coñecer para amar. Amar para protexer. Protexer para os nosos fillos". Pois que así sexa, na medida das nosas posibilidades, e en galego.